CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

luns, 8 de xuño de 2020

1º-2º: 8 de XUÑO (averiguar os ritmos).

Con este xogo imos practicar e recordar ritmos con figuras de negra, silencio de negra e corcheas.
Para iso, tedes que escoitar o ritmo (podedes facelo as veces que precisedes volvendo a darlle ao botón) e logo completar os compases cos fragmentos de ritmo que se vos dan.
A ver se gañades moitos puntos.

https://aprendomusica.com/const2/17ritmo4compases1/ritmo4compases1.html


Esta semana non hai que entregar este traballo.

EDUCACIÓN INFANTIL 8 de XUÑO

1º: Preséntovos unha app (gratuita, que se pode empregar en móbiles e tablets tanto de Android como de iOS). Chámase Bebé Instrumentos Musicales.
Con ela, poderedes interactuar cos sons dos animais e dos instrumentos combinándoos de forma creativa. Tamén podedes poñer diferentes músicas de fondo premendo no símbolo das corcheas que está arriba á dereita.

xoves, 4 de xuño de 2020

MÁIS TRABALLOS DE MÚSICA E DE PLÁSTICA

Os nenos e nenas estades a traballar moito e moi ben na casa.
E os vídeos dos bailes que enviades están xenial.
Aplausos para todos vós!!!!





luns, 1 de xuño de 2020

CRAFTS/PLÁSTICA

Esta semana non tedes tarefa nova de plástica. De música mirade as entradas correspondentes porque si que hai.
Aproveitade para rematar outras que teñades pendentes. Para comprobar, recordade coma sempre facer clic na etiqueta do voso curso e revisar todas as publicacións: van desde a máis actual á máis antiga. Ides vendo se vos falta algo.

Para os que tedes todo ao día, deixo libremente que mandedes un debuxo de algo que vos gusta, que vos gustaría facer ou un lugar a onde ir este verán, unha manualidade que creedes...

5º e 6º: ZUMBA!

Bo día nenos e nenas!
Esta semana moveremos moito o corpo.
Primeira coreografía de zumba:


E esta de Bruno Mars:


Que teñades unha moi boa semana e que desfrutedes con estas dúas actividades.
Biquiños.

1º, 2º, 3º, 4º: ESTA SEMANA TOCA ZUMBA!

Ola nenos e nenas!!!
Aviso, imos movernos moito pero tamén a divertirnos.
Primeira canción de zumba:



Seguinte:
Primeiro, unhas nenas vanvos explicar os pasos básicos e, despois, comeza a canción e bailades con elas.


Boa semana!!!
Unha aperta moi forte

EDUCACIÓN INFANTIL: MOI ATENTOS A MOVERSE

Bo día nenos e nenas!!!!

Comeza outro mes: xuño, o mes no que imos dar vacacións!!
Antes diso imos seguir movendo o corpo ao ritmo da música.


Con este primeiro vídeo teredes que estar moi atentos para mover as partes do corpo como vos indican.


Con este outro tamén nos moveremos como nos di a letra pero... atención!! Ás veces iremos lento, outras veces rápido e outras... stop!!!


Espero que o pasedes moi ben con estas dúas cancións e que teñades unha moi boa semana.
Un bico grande