CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

xoves, 30 de abril de 2020

SAÚL´S BOOKMARK! GREAT!!!

Saúl achéganos a proba do fermoso que lle quedou o seu novo marcapáxinas.
Esperamos que siga desfrutando da lectura dos seus libros favoritos como "Los futbolísimos 2: El misterio de los siete goles en propia" que nos recomendaba no Día do Libro ou este que nos amosa aquí aberto (será o mesmo, outro libro novo?? a ver se nos saca de dúbidas).
O que si sabemos é que nunca vai esquecer a páxina que lle toque ler.

Congratulations Sául!!! 😄


mércores, 29 de abril de 2020

A CREACIÓN DOS NENOS E NENAS DEIXA IMAXES TAN FERMOSAS...

Pepe e Mencía explícano así:

"Hola, nosotros hemos hecho este "Pozo de los Deseos", la tapa tiene diferentes colores (son las monedas que brillan), por el agujerito metemos las gomas. Sirve para guardar gomas y afilalápices.
Lo hemos hecho con un bote de piña y goma eva brillante!!!".

Chulísimo e reutilizando materiais de refugallo!




David fixo estes fermosos marcapáxinas para non perderse nunca na lectura dos seus libros favoritos.


Tres artistazos!!😄 Excelent!! Good job!!

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA DANZA!!

Hoxe, 29 de abril, é un día especial na aula de música posto que é o Día Internacional da Danza. Non podemos bailar xuntos pero si desfrutar cada un desde a súa casiña. Podes poñer unha canción que coñezas da clase, unha que che guste especialmente, unha nova para que improvises os teus movementos ou as suxerencias que vos deixei de Just Dance. O importante é que te expreses co teu corpo.

Podemos seguir o exemplo de Manuel que así de feliz (porque está bailando a canción "Happy" de Pharrel Williams) nos felicita este día.


luns, 27 de abril de 2020

O ALUMNADO DE 4º E A UNIÓN EUROPEA

Despois de estudar a Unión Europea propúxenlle aos nenos e nenas de 4º soñar con viaxar a un país pertencente á mesma.
Xa estiveron buscando información. Os que eles escolleron son os que vedes a continuación. Difícil elección, non si?




domingo, 26 de abril de 2020

MÚSICA 5º E 6º: COPLAS DOS MAIOS.

Ola!
O alumnado de 5º e de 6º tedes a misión de crear as coplas da festividade dos maios deste ano. Aquí déixovos a partitura da sinxela melodía que imos tomar como referencia. Todas as coplas se cantarán con esta pegadiza melodía tradicional .
Se facedes clic na imaxe podedes escoitala as veces que queirades ata que se vos quede ben para interiorizala e crear a vosa letra.


Nos seguintes videotitoriais tedes todos os detalles e explicacións para que entendades como o tedes que facer.
Primeira parte:



Segunda parte:




Exemplo cantado das estrofas que vos fixen de exemplo.


Polo tanto, o que tedes que facer é escribir unha copla tal e como vos expliquei (4 versiños que encaixen nesa melodía e coas rimas, como teño en cada postit dos que saen no vídeo). Practicala ben coa melodía que vos deixo arriba ao facer clic na imaxe da partitura para entoar ben a vosa copla. Gravar un vídeo no que saiades cantando acompañándovos do ritmo das claves da partitura (seguindo o pulso con negras). Sei que non tedes claves. Podedes coller dous paus na casa ou dous bolis. Ese vídeo enviarédelo ao whatsapp que se vos facilitou para esta tarefa na páxina web do cole.
Se tedes dúbidas e queredes que vos revise a letra da copla antes de gravar, podedes mandarma por correo e vos corrixo e comprobo que cadra ben coa música. Tede en conta que iso sería antes e que o vídeo ten que entrar en prazo.

IMPORTANTÍSIMO: Recordade que é imprescindible que entreguedes este vídeo posto que é unha actividade que avaliarei na materia de música. En clase eu pódovos ver e escoitar pero agora é imposible ao estar cada un na súa casa e, por iso, é a forma que teño de avaliarvos. ACTIVIDADE OBRIGATORIA. Respectade o prazo que se vos dou (máximo: mércores 29 de abril) e, a poder ser, poñede a cámara do móbil en horizontal para que a imaxe se vexa mellor, máis anchiña.
Logo aproveitarase para a montaxe da celebración dos maios e todos desfrutaremos das vosas coplas.

sábado, 25 de abril de 2020

CRAFTS - 6th GRADERS: To create your own quarantine mask


Items for this craft
Glue gun
Hole punch and grommets
Rubber bands (2)
Iron on patch for the inside
Iron on patch for decoration

If you DON'T have iron on patches - get creative - you can glue a piece of cloth on the inside and decorate the outside with beads, glitter, ribbons, buttons, plastic flowers, etc.  


First, ask your mom for two pieces of pad from an old bra……remember to ask first!
Arrange and measure your pads to overlap enough to cover your face like a triangle.
Once you have the correct measurements, glue the two pieces together (allow to dry).
Now iron the patch on the inside of the mask.  Use the low setting on the iron so you don’t burn the pads.
If using cloth, glue the piece on the inside of the mask.
After the cloth is dried, use the hole punch to create a hole at each end with a grommet.
Insert a rubber band into the hole and loop it so it is secure and doesn’t fall off
Now its time to decorate your mask!  Have Fun and wear it in good health!

Be sure to send us photos of your mask to upload to the blog!





RECORDA:
1. Se non tes algún material dos que se mencionan, sé creativo e busca alternativas.

2. Se algunha palabra non entendes (aínda tendo en conta o contexto do que se está explicando) na marxe dereita do blog tedes enlace a dicionarios de inglés online. Se tedes dúbidas, podedes poñervos en contacto no correo electrónico.

3. IMPORTANTÍSIMO: As tarefas hai que entregalas como se estivesemos no cole. Os mestres de todas as materias temos un rexistro co que vos imos valorando. Polo tanto, enviade unha foto da vosa tarefa. Se expresamente dades consentimento para que vos publique o traballo no blog, facédeo saber por correo electrónico cando a enviedes. Se non, non pasa nada pero remitide a tarefa.
Os profes sabemos o complicada que é esta situación para todos e por iso valoro un montón o voso esforzo. Naqueles casos de forza maior tentarase buscar outra alternativa.

venres, 24 de abril de 2020

A creatividade non para!! GRAZAS AINHOA (3 anos), DAVID (2º), ANA, ANDREA e MAURICIO (6º)

Dámoslle as grazas a uns compañeiros por compartir con nós as actividades creativas que están a facer na casa.


Este debuxo de Mauricio:


Tamén Ainhoa da clase de 3 aniños nos amosa un fragmento do "Baile de los animales".




xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO 2020

Desexámosvos un moi feliz Día do libro neste 23 de abril.
Desfrutemos moito destes momentos de lectura e das recomendacións que nos fan os nosos nenos e nenas que, a pesares da distancia, con este vídeo nos sentimos máis preto.
Moitas grazas ás familias e ao alumnado pola súa participación.


luns, 20 de abril de 2020

CONGRATULATIONS LAURA, GOOD JOB!

Xa chegaron os primeiros marcadores de libros da man de Laura.
Preciosísimos, non si?
Thank you!
Alégrame que compartises o teu traballo con todos nós.
Apertas (hugs)


venres, 17 de abril de 2020

TODOS SOMOS CAPITÁNS

Adicado a todos os meus músicos do cole.
A canción di "imos na procura dun soño" moi indicada nesta época xa que todos soñamos con que esta situación vaia mellorando, estemos todos ben de saúde e felices coas nosas familias.

Por iso, porque todos estades axudando a conseguir este soño quedando na casa, coidándovos e coindando a outras persoas déixovos esta canción que logo segue dicindo "todos somos capitáns, compañeiros de lugar...".
Para todos os meus capitáns e capitás! Pasádeo moi ben cantándoa e facendo os xestos.

Bicos e apertas


xoves, 16 de abril de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL A ESCOITAR, CANTAR E BAILAR

Ola meus pequeniños!!!

Bótase moito de menos non poder facer música con vós.
Por iso, vouvos poñer unhas cancións para que desfrutedes un montón coa vosa familia.

Na primeira tedes un conto con canción.


Na segunda podedes repasar as vogais que xa sabedes.



E coa última que coñecedes moi ben ides mover todo o voso corpiño!! A facer os xestos e movementos que vos indica a canción e, por suposto, a non equivocarse coas direccións (diante, atrás, un lado e outro lado).



Mándovos un bico enorme 😄


5º e 6º... É A VOSA QUENDA, TÓCAVOS BAILAR

Ola nenos e nenas!
Aquí deixo dúas propostas para mover o corpiño estes días.
Mirádeme con atención os pasos, practicade e pasádeo ben.
Podedes escoller a que máis vos guste ou facer as dúas, por suposto. 
Se non sae ao comezo non vos veñades abaixo. Envíovas porque confío en vós e sei que sodes quen de facelo. Con práctica todo se vai conseguindo, xa sabedes.





Aprendede os pasiños pouco a pouco e, cando vos sintades seguros, quen queira pode mandarme ao correo electrónico un vídeo dun fragmento do voso baile. A idea sería subir os vosos vídeos para que podades vervos. Outra posbilidade é deixar abaixo un comentario explicando se vos gustou esta actividade de baile, cal foi a vosa preferida, se foi complicada algunha parte...

Moito ánimo!! Dáme mágoa non poder estar bailando con vós.

Bicos 😄

1º e 2º A BAILAR!!!!

Ola nenos e nenas!!
Esta semana toca mover o noso corpiño con moito ritmo.
Deixo aquí unha canción de SuperMario (que seguro que coñecedes) para seguir os pasos.



Despois de practicar, practicar e pasalo moi ben, quen queira pode mandarme ao meu correo un pequeno vídeo dun fragmento bailado por vós coa música para ver que ben o facedes. Sempre me sorprendedes! 
Logo, subiríao ao blog para que tamén vexades aos compañeiros.
Se non, tamén podedes deixar un comentario dicindo se vos gustou facer a actividade de baile, se foi difícil...

Bicos  😄  

ANIMO A 3º e 4º DE PRIMARIA A MOVER O CORPO

Ola!!
Levamos tempo na casa e temos que espertar o noso corpo. Podedes animar ao resto da casa.
Déixovos un vídeo de Just Dance para que sigades os pasos. Coñecédela seguro!



Ensaiade os pasos e, cando vos sintades seguros, podedes gravar un pequeno vídeo dun fragmento coa canción bailando vós mesmos e mandarma ao correo electrónico. Eu subirei ao blog o que me mandedes. Así, podedes vervos. Ou simplemente podedes deixar un comentario explicando se vos resultou complicado, se vos gustou a actividade de baile...

Bicos 😄

MARCADORES PARA OS LIBROS (PLÁSTICA 1º-2º/ CRAFTS 1st-2nd GRADERS)



Como estades? Eu acórdome un montón de vós. Que ganiñas de volver estar xuntos.
Mentres, propóñovos unha manualidade. Tedes que estar atentiños. Non vos preocupedes. Mirade amodiño o vídeo e, se fai falta, dáselle de novo para atrás.
Vanvos quedar uns marcadores de libros chulísimos.



Mirade outra idea con emojishttps://www.youtube.com/watch?v=3pZIkw1Uoa0



Veredes outros modelos en youtube por se queredes intentalo. 
Gustaríame un montón ver o bonitos que vos quedan, incluso enganchados nos libros que teñades ou que esteades lendo. Quen queira, pode facerlle foto e mardarma ao correo electrónico. Eu subiríaas aquí no blog para que as vexades desde as vosas casas. Así, sentirémonos un pouquiño máis preto.

Ata logo (See you later).
Apertas (Hugs)



mércores, 15 de abril de 2020

MARABILLAS COAS VOSAS MANS (PLÁSTICA 6º- CRAFTS 6th graders)

Hi boys and girls!
We miss you!
Espero que esteades todos moi ben. Penso que igual algo aburridiños (aínda que confío na vosa creatividade para ocupar o tempo na casa mentres estamos confinados).

Como ben di o título que lle puxen a esta entrada, as vosas mans son quen de facer auténticas marabillas. Recordo cando facemos manualidades e estades pendentes de cada paso para non perdervos. De feito, estaba pensando agora nas flores que fixeramos con lazos ou, recentemente, os moedeiros que confeccionastes reutilizando tetrabriks (aínda seguen alí no cole, esperemos que os podades levar nun tempiño).

Bueno, agora propóñovos manexar de novo as vosas mans para facer uns muñequiños. Ollo!!! Hai que estar atentos a cada paso. Se nos perdemos, pausamos o vídeo, voltamos atrás e tentámolo de novo. Non desesperedes.

Aquí propóñovos dous exemplos pero gustaríame que abrades os vídeos en youtube por se atopades algún que vos guste máis ou vos resulte máis sinxeliño.

Podedes empregar folio en branco, de cores... o que teñades na casa.
Podedes poñer nos comentarios outro enlace que vexades interesante por se o queres compartir cos vosos compañeiros e compañeiras e dar ideas ou simplemente dar ánimos. O que si, cando teñades algunha manualidade rematada, convídovos a que me enviedes por correo electrónico unha foto, vídeo... da vosa creación (podedes saír vós tamén se queredes, eh). Así, compartiría nunha nova entrada os vosos traballos para que nos podamos sentir un pouco máis preto.






Pero hai moitísimas máis cousas: máis animais, avións, gafas, personaxes que coñecedes como Pikachu...
Moito Ánimo!!! Have a good time!

We send you a lot of kisses and hugs

CON MOITO CARIÑO DE PARTE DOS VOSOS MESTRES!