CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

mércores, 15 de abril de 2020

MARABILLAS COAS VOSAS MANS (PLÁSTICA 6º- CRAFTS 6th graders)

Hi boys and girls!
We miss you!
Espero que esteades todos moi ben. Penso que igual algo aburridiños (aínda que confío na vosa creatividade para ocupar o tempo na casa mentres estamos confinados).

Como ben di o título que lle puxen a esta entrada, as vosas mans son quen de facer auténticas marabillas. Recordo cando facemos manualidades e estades pendentes de cada paso para non perdervos. De feito, estaba pensando agora nas flores que fixeramos con lazos ou, recentemente, os moedeiros que confeccionastes reutilizando tetrabriks (aínda seguen alí no cole, esperemos que os podades levar nun tempiño).

Bueno, agora propóñovos manexar de novo as vosas mans para facer uns muñequiños. Ollo!!! Hai que estar atentos a cada paso. Se nos perdemos, pausamos o vídeo, voltamos atrás e tentámolo de novo. Non desesperedes.

Aquí propóñovos dous exemplos pero gustaríame que abrades os vídeos en youtube por se atopades algún que vos guste máis ou vos resulte máis sinxeliño.

Podedes empregar folio en branco, de cores... o que teñades na casa.
Podedes poñer nos comentarios outro enlace que vexades interesante por se o queres compartir cos vosos compañeiros e compañeiras e dar ideas ou simplemente dar ánimos. O que si, cando teñades algunha manualidade rematada, convídovos a que me enviedes por correo electrónico unha foto, vídeo... da vosa creación (podedes saír vós tamén se queredes, eh). Así, compartiría nunha nova entrada os vosos traballos para que nos podamos sentir un pouco máis preto.






Pero hai moitísimas máis cousas: máis animais, avións, gafas, personaxes que coñecedes como Pikachu...
Moito Ánimo!!! Have a good time!

We send you a lot of kisses and hugs

Ningún comentario:

Publicar un comentario