CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

luns, 25 de maio de 2020

"EL VUELO DEL MOSCARDÓN" (de Rimski-Korsakov)

Una tarea que hicimos hace unos días para la clase de plástica en 1º consistía en escuchar la pieza musical titulada "El vuelo del moscardón" del compositor ruso Nikolai Rimski-Korsakov y, después, dibujar y expresar lo que nos imaginábamos, lo que nos transmitía...
Claro, cuando se propuso, no se dijo nada acerca del título para no condicionar el trabajo.


Aquí está el resultado de sus dibujos:


Y las palabras clave que emplearon para describir lo que se imaginaban al escucharla:
Muy buen trabajo!!!

ORGANIZER (6th GRADERS)

Hello guys!
We are going to make an organizer. May be for your pencils, colors... or for whatever you want.
You can use carboard tubes, bottles, tin cans...
Look at examples and... create, use your creativity.

SEND BY EMAIL THE PHOTO OF YOUR ORGANIZER.



Deixo algúns vídeos para que teñades ideas e fagades o voso propio reutilizando material que teñades na casa como tubos de cartón (como os do papel de cociña), botes de lata..


Neste outro tedes moitas ideas variadas:



DON'T FORGET: SEND BY EMAIL.

Have a nice week.
Hugs

DREAM CATCHERS (CRAFTS 1º E 2º)

Ola nenos e nenas:
Mira esta imaxe. Algunha vez viches ese obxecto? Sabes o que son?



Chámanse atrapasoños, en inglés "dream catchers". É como un amuleto das tribos dos indios americanos. O aro representa a vida dunha persoa e os fíos do medio son os soños e bos desexos que temos.
Din que protexe a quen o ten e todo o que poda ser malo queda atrapado nesa rede e logo marcha polos ocos.

Esta semana imos facer estes "dream cather".


You need:
- Dish.
- Colours.
- Wool.
- Scissors.
- Ornaments.

(plato de cartón por exemplo ou un aro/o que teñades na casa, cores, lana, tesoiras e adornos).

INSTRUCTIONS:
- Cut the dish inside (corta a parte de dentro do plato).
- Colour. 
- Make holes around the dish (fai buratos arredor do plato, polo bordo de dentro).
- Put the wool (pon lá)
- Put ornaments (pon adornos)

CREATIVITY!

- SEND BY EMAIL THE PHOTO OF YOUR DREAM CATCHER.

1º PRIMARIA: AUDICIÓN E RITMO

Ola nenos e nenas!
Nesta actividade hai que escoitar moi moi ben. Imos facer como un dictado cos sons Sol e Mi (como cando o facemos na clase estando eu no teclado e vós no pentagrama xigante).
Veredes un vídeo e unha ficha cos exercicios onde tedes que ir cubrindo as vosas respostas.
Non vos esquezades de enviar as vosas respostas ao meu correo electrónico cando rematedes.

Fai clic na ligazón ou na imaxe:
https://es.liveworksheets.com/mm630763rx


Con este vídeo practicaredes ritmos co voso tambor. Hai un momento no que tedes que pasalo a outra persoa. Por suposto, se non tedes outro tambor máis, vedes que o podedes facer con outro recipiente que haxa na casa. Ademáis de ir correctamente co ritmo, fixádevos en que zona do tambor/recipiente hai que percutir en cada momento.


Que teñades unha moi moi boa semana.

3º: REPASAMOS A COLOCACIÓN DAS NOTAS.

Ola!

Nesta actividade imos repasar a colocación das notas no pentagrama.

Fai clic na ligazón ou na imaxe:
https://es.liveworksheets.com/tk179689si



Coma sempre, despois dádelle a enviar ao meu correo electrónico.

Apertiñas e boa semana 
😄😄

2º, ATENCIÓN AOS INSTRUMENTOS

Imos facer unha actividade sobre os instrumentos. Na primeira parte tedes que clasificalos en tres familias (vento, corda e percusión) e, na segunda, escribir o seu nome.

Ao finalizar, dádelle a "terminado" coma sempre e a enviar ao meu correo electrónico.

Fai clic na ligazón ou na imaxe:
https://es.liveworksheets.com/rd207637cu






4º, ESCOITADE CON MOITA ATENCIÓN.

Ola nenos e nenas:
Estades moi atentos?? Nesta actividade que vos poño a continuación, escoitade moi ben e...adiviñade!
Mirade, tedes 9 audios. Ide facendo clic un a un no trianguliño de "play". Segundo o que escoitedes ide á imaxe do que credes que é e poñédelle o número correspondente a ese audio desplegando o menú que vos sae no triágulo pequeniño.

Logo dádelle a enviar e dirixídeo ao meu correo electrónico coma sempre.

Preme no enlace ou na imaxe: 
https://es.liveworksheets.com/xt192852hr



Moi boa semana.

EDUCACIÓN INFANTIL: SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola!!
Para esta semana temos dúas actividades.

1º: Temos unha actividade interactiva que se pode facer desde un móbil, tablet, ordenador... para a que estar moi moi atentos para adiviñar que animal soa en cada momento.
Para acceder á tarefa, facede clic no enlace ou na imaxe que poño abaixo.
Escoitade cada audio na parte da dereita e unídeo co debuxo do animal. Se vos achegades ao símbolo dos audios aparecerá debuxado un lapis. Arrastrádeo ata o debuxo.

Ao rematar, hai que facer clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a". Aí, hai que escribir o nome, curso e a miña dirección de correo electrónico.
Non fai faita que na casa alguén teña correo, simplemente con escribir o meu xa me chega a vosa tarefa feita.

https://es.liveworksheets.com/qp238473my



2º: Imos facer esta canción bailando e con xestos tendo en conta movernos cara onde nos indican: adiante, atrás, cara un lado e cara o outro.


Unha aperta moi grande para todos.

XEROGLÍFICO MUSICAL (5º)

A ver se sodes quen de resolver a mensaxe adiviñando as notas e figuras musicais que aparecen polo medio.
Facede clic na imaxe, cumprimentade e enviade como xa sabedes ao meu correo.


CONSEGUIRÁS QUEDAR NOS PRIMEIROS POSTOS DO RANKING? (6º PRIMARIA)


Esta semana toca este xogo, a ver cantas cousas sabedes ou recordades.
Entra neste enlace e dálle ao botón verde (Práctica) e a JUGAR. Non é necesario rexistrarse.  Daslle a “JUGAR CUESTIONARIO”  e mantede moito a concentración xa que vai con tempo. 
https://quizizz.com/join/quiz/5e4ecbe75a567d001bbbd2bd/start 

Ao finalizar chega con que me enviedes ao correo electrónico a captura de pantalla que vos sae cando rematades cunha puntuación.





venres, 22 de maio de 2020

INSTRUMENTOS FEITOS COAS VOSAS MANS

Mirade os instrumentos tan chulos que fixestes!!!
Uns artistazos!!!
Parabéns polo voso traballo e grazas ás vosas familias que colaboraron con vós desde a casa.








luns, 18 de maio de 2020

CRAFTS

IMPORTANTE: Esta semana non tedes que entregar nada novo de plástica. Se alguén ten algunha cousiña pendente por entregar pode aproveitar estes días para poñer todo ao día.

Se non, déixovos máis tempo para que preparedes o videoconto que se vos propuxo desde o cole.
Ao mellor, incluso para representar algo do voso conto tedes que facer algún debuxo, marioneta...

Moito ánimo e boa semana.
Unha aperta moi forte.

5º e 6º: HIGH HOPES (A BAILAR)

Esta semana toca bailar de novo. Tedes outra proposta para practicar a vosa coordinación.

IMPORTANTE: Esta semana non tedes que entregar nada, simplemente moverse con esta actividade. Pódese enviar un fragmento do baile pero o deixo como voluntario.

Así, tedes máis tempo para preparar a actividade do videoconto que se vos propuxo desde o cole.

Se algún ten todavía algunha cousiña pendente por entregar tamén deixo esta semana para poñer todo ao día. 

Espero que esteades todos xenial e as vosas familias tamén.
Feliz semana. 🙆🙆🙆
Unha aperta grande para todos. 


3º e 4º BAILAN

Ola nenos e nenas:
Tedes un baile para seguir practicando a vosa coordinación.

IMPORTANTE: Esta semana non tedes que entregar nada, simplemente moverse con esta actividade. Pódese enviar un fragmento do baile pero o deixo como voluntario.

Así, tedes máis tempo para preparar a actividade do videoconto que se vos propuxo desde o cole.

Se algún ten todavía algunha cousiña pendente por entregar tamén deixo esta semana para poñer todo ao día. 

Espero vós e as vosas familias esteades todos moi ben.
Deséxovos unha moi boa semana.
Unha aperta grande 😍



PARA REPASAR RITMOS (MÚSICA 1º e 2º).

Nesta ocasión tedes dous vídeos para repasar ritmos con figuras que xa coñecedes como son a negra e a corchea.

Neste primeiro practicaredes coas sílabas rítmicas  (ta e ti-ti) e podedes practicar á vez percutindo (por exemplo, co voso novo instrumento).


Agora que xa repasastes estes valores, toca estar moi atentos para adiviñar o ritmo que soa.


IMPORTANTE: Esta semana non tedes que enviarme nada. Simplemente repasades na casiña coa axuda destes vídeos.
Tamén así aproveitades de ter máis tempo para preparar o vídeoconto. 

Unha aperta e feliz semana. 😃😃😃😃

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Ola nenos e nenas:
Esta semana déixovos dous vídeos.

No primeiro veredes unha pequena historia. Con ela entenderedes que os instrumentos, do mesmo xeito que vós tedes unha familia, eles tamén a teñen. Encántanlles estar xuntos, tocar e teñen algunhas cousas nas que se parecen.



E neste outro vídeo podemos coñecer algúns dos instrumentos "clásicos": como son, como se tocan e, por suposto, como soan.


Espero que vos gusten. Xa tes algún preferido?
Apertas e que teñades unha boa semana.

luns, 11 de maio de 2020

LENGUA 4º PRIMARIA: ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE REPASO (11-15 MAYO)


-       Hola!
       Aquí tenéis los enlaces a las actividades interactivas de repaso de lengua:
       No os olvidéis de darle a enviar después de terminar cada una.

       -   Repaso de palabras agudas, llanas y esdrújulas: https://es.liveworksheets.com/mg160714by

-          -   Análisis morfológico y ordenar oraciones:  https://es.liveworksheets.com/fa418435ej

-      -  Sujeto y predicado https://es.liveworksheets.com/tn227467tc

1º, 2º e 3º CONSTRÚEN INSTRUMENTOS

Ola nenos e nenas:
Esta semana imos construír instrumentos con materiais da casa. Imos facer uns tambores, ou mellor dito uns "tamborlata". 
Os materiais que precisamos son os seguintes:


No seguinte vídeo, explícovos o que tedes que facer.


Xa podedes explorar todas as variedades de sons que podedes producir percutindo de diferentes xeitos: coa man, con culler de pau, cun boli... peliscando o globo cos dedos, raspándoo como se fose un güiro...

Non vos esquezades de mandar ao meu correo a foto do voso instrumento ou un breve vídeo tocándoo para que vexa como vos quedou.

ACLARACIÓN: Os que estades en 2º, o ano pasado construistes comigo na clase un parecido con tubos de cartón. Este tambor ao ser de lata ten outra sonoridade. Aínda así, déixovos outras alternativas por se queredes facer outros diferentes:

- Opción 1: podedes facer un cunha lata grande e outro con outra lata pequena. Despois unídeos entre si cunha cinta adhesiva ancha e teredes uns bongos.




- Opción 2: Para esta opción non teríades que quitarlle a parte de abaixo ao tubo. Podedes facer unhas pequenas fendas desgastando os bordes de ambos extremos onde lle colocaredes unhas gomas elásticas. As fendas son para que queden aí encaixadas as gomas e non se escapen. Empregando diferente tensión das gomas obteredes sons distintos.


Esta semana, ao alumando de 1º e 2º non vos mando nada máis para Plástica porque esta actividade xa a engloba. 
Que teñades todos unha boa semana.
Unha forte aperta

4º, 5º e 6º: CONSTRUTORES DE INSTRUMENTOS

Ola nenos e nenas:
A actividade desta semana é construír instrumentos musicais.
Concretamente, un que coñecedes ben: a frauta. Ollo! Con materiais diferentes aos da vosa.
Empregaremos como material principal unha palliña, das que ás veces temos na casa para beber. Claro, despois non se empregan para nada máis e se xera un produto de regugallo. Pois ben, no canto de tirala, podémola converter nun instrumento dándolle un segundo uso.

Se vos gusta máis o instrumento de percusión que lle propuxen a 1º, 2º, e 3º, podedes cambiar a frauta por algunha desas alternativas. Buscade premendo nas etiquetas de calquera deses cursos.

Máis abaixo déixovos un vídeo explicativo.
Como veredes, a explicación de que se produzan diferentes sons é o que vos expliquei o primeiro día que comezastes a tocar a frauta comigo. Explicado rapidamente, hai que entendela como un tubo e, dependendo do seu tamaño, varia o son: canto máis pequena se fai produce un son máis agudo; canto máis grande, máis grave. Coa nosa frauta conseguimos alongar o tubo tapando buratos; e acurtalo destapándoos.

Cousas que tedes que ter en conta:
- Para tocar tedes que apretar un pouco os beizos. Ide explorando como vos sae o son.
- Cando fagades as dobreces para cortar os buratiños, tede coidado con cortar só a esquiniña porque cando estirades de novo a palla, védelo máis grande.



Eu xa teño a miña:

Esta semana, ao alumando de 6º non vos mando nada máis para Plástica porque esta actividade xa a engloba. 

Non vos esquezades de mandar unha foto ou un breve vídeo producindo son con ela a través do correo electrónico.
Que teñades unha boa semana.

OS CONTRARIOS (EDUCACIÓN INFANTIL)

Neste vídeo deixo unha canción con xestos para traballar os contrarios (pechou, abriu).



Outra canción e xogo de contrarios un chisquiño máis complicado pero sei que o ides facer moi ben. Hai que estar ben atentos!!


Que teñades unha moi boa semana!!!
Unha apertiña

sábado, 9 de maio de 2020

MORE CRAFTS!

Saúl xa ten preparada a súa caixa de monstro para xogar e practicar a súa puntería.



Antía e Anxo xa teñen a súa mascarilla para estar protexidos.


Moi bo traballo! Very good!!
Bye

luns, 4 de maio de 2020

LISTEN, DRAW AND COLOR (CRAFTS 1º).

LISTEN.
Tes que escoitar a música que soa cando fas clic nesta imaxe. Pon atención e pensa que imaxinas que sucede cando a escoitas, que che fai sentir, en que pensas...
Non che poño o título da peza musical para que podas pensar libremente. Se alguén na casa a coñece non permitas que cho digan para que só te deixes levar pola música.

DRAW.
Debuxa nun papel iso que che fai sentir.

COLOUR.

WRITE.
Escribe por detrás do debuxo que é o que debuxaches, en que pesabas ao escoitar esta audición.
SEND BY EMAIL.
Mándame o teu traballo ao meu correo. Teño moitas ganas de saber que debuxas con esta música e de que poñamos en común os nosos traballos.

QUE NON SE CHE ESCAPE NINGUNHA FIGURA (MÚSICA 5º)

Envíovos unhas fichas interactivas para recordar o valor das figuras, os compases...
RECORDATORIOS:
- O puntillo súmalle a unha figura a metade do valor que ten. Por exemplo: branca= 2; branca con puntillo= 2+1=3; rendonda=4; redonda con puntillo= 4+2= 6; negra=1; negra con puntillo= 1+0,5= 1,5.
- Compases:
       2/4: cabe o valor equivalente a 2 negras en cada compás.
       3/4: cabe o valor equivalente a 3 negras en cada compás.
       4/4: cabe o valor equivalente a 4 negras en cada compás.

Cando as remates  fai clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".
Cubrides o voso nome, curso (5º), asignatura (música) e escribide o meu correo electrónico.
Así eu verei todas as vosas respostas.
Vós tamén poderedes ver que tal o fixestes. Para iso, despois de enviar, volve ao comezo da ficha e apareceravos unha puntuación que terá como máximo 10 puntos.

Primeira ficha (fai clic na imaxe): Ves figuras e combinacións das mesmas equivalentes a eses valores. Abaixo suma as combinacións de figuras que teñas e coloca o número que che da como resultado.



Segunda ficha (fai clic na imaxe): Comproba se cada compás está ben escrito atendendo a se a suma das figuras se corresponde co valor do compás (nin máis nin menos). Fai clic no cadro do polgar para arriba (correcto) ou para abaixo (incorrecto). Coidado porque cambian os compases polo medio dos pentagramas.


RECORDEMOS A NOSA FRAUTA (MÚSICA 4º)

Envíovos unhas fichas interactivas para recordar notas que vimos coa frauta, para practicar a nosa atención e recoñecemento auditivo... Para facelas, fai clic en cada imaxe das de abaixo.

Cando as remates  fai clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".
Cubrides o voso nome, curso (4º), asignatura (música) e escribide o meu correo electrónico.
Así eu verei todas as vosas respostas.
Vós tamén poderedes ver que tal o fixestes. Para iso, despois de enviar, volve ao comezo da ficha e apareceravos unha puntuación que terá como máximo 10 puntos.

Na primeira ficha non fagades o exercicio 2.




"RESISTIRÉ" POÑENDO NOTAS... (MÚSICA 6º)

Envíovos unha ficha interactiva na que simplemente tedes que escribir o nome das notas en cada cadradiño da partitura da peza "Resistiré", que ultimamente escoitamos moito, unha canción cantada polo Dúo Dinámico que xa ten uns cuantos anos.

Xa vos aviso. Non vos asustedes de que sexan moitas. Realmente logo repítense un montón de veces.
IMPORTANTE: cando poñades o nome nas notas agudas non lle poñades un apóstrofe (') para indicar que é aguda porque o exercicio detéctao como un erro na escrita. Naquelas notas agudas a partir do Do do 3º espazo, poñede o nome igual (Do, Re, Mi...).

Cando remates a ficha  fai clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".
Cubrides o voso nome, curso (6º), asignatura (música) e escribide o meu correo electrónico.
Así eu verei todas as vosas respostas.
Vós tamén poderedes ver que tal o fixestes. Para iso, despois de enviar, volve ao comezo da ficha e apareceravos unha puntuación que terá como máximo 10 puntos.



OÍDOS BEN ATENTOS (MÚSICA 2º)

Facede clic na seguinte imaxe. Levaravos a unha ficha interactiva para repasar a cualidade do son do TIMBRE (recorda que no permite identificar que ou quen produce un son: animal, obxecto, voz, instrumento). 

No vídeo escoitaredes son de animais, obxectos, tipos de voces e diferentes intrumentos. Ao longo da ficha nos exercicios tedes que facer clic só nos que escoitades.
Cando remates, fai clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".

Cubrides o voso nome, curso (2º), asignatura (música) e escribide o meu correo electrónico.
Así eu verei todas as vosas respostas.
Vós tamén poderedes ver que tal o fixestes. Para iso, despois de enviar, volve ao comezo da ficha e apareceravos unha puntuación de máximo 10 puntos.


A continuación, fai clic na imaxe e leva cada instrumento á súa familia. Logo, envíame a tarefa do mesmo xeito.



MÚSICA 3º: RITMO-BURGUER

Facede clic na seguinte imaxe. Levaravos a un enlace para repasar as FIGURAS MUSICAIS: negra, silencio de negra, corcheas e semicorcheas.

Primeiro teredes que ver o vídeo e seguir as indicacións que se vos dan. Será moi divertido! Faredes ritmos con esas figuras pero a través de palabras como pan, sal,  queso, ketchup, hamburguesa... Espero que o exercicio non vos dea fame destas cousas!
Atención! Porque teredes axuda para facer o ritmo pero, a medida que avancedes, se vos quitan pistas para que digades vós sós os ritmos.

Despois de practicar co vídeo, cubriredes a ficha que está debaixo del. Fánsevos preguntas sobre esas figuras traballadas así que prestade moita atención! 

Cando remates, fai clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".
Cubrides o voso nome, curso (3º), asignatura (música) e escribide o meu correo electrónico.
Así eu verei todas as vosas respostas.
Vós tamén poderedes ver que tal o fixestes. Para iso, despois de enviar, volve ao comezo da ficha e apareceravos unha puntuación que terá como máximo 10 puntos.


1º MÚSICA: ESCOITADE CON ATENCIÓN

Facede clic na seguinte imaxe. Levaravos a unha ficha interactiva para repasar a cualidade do son da DURACIÓN.

Alí no vídeo escoitaredes 10 sons e tedes que diferenciar se longos ou curtos. A medida que soe cada un fai clic na resposta da ficha.
Cando remates, fai clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".

Cubrides o voso nome, curso, asignatura (música) e escribide o meu correo electrónico.
Así eu verei todas as vosas respostas.
Vós tamén poderedes ver que tal o fixestes. Para iso, despois de enviar, volve ao comezo da ficha e apareceravos unha puntuación. Por exemplo: 8/10 quere dicir que acertastes 8 preguntas das 10 que había.


No seguinte vídeo tedes unha canción con movemento sobre as figuras musicais. Claro, unhas duran máis que outras!! Algunhas xa as coñecedes, outras aínda non, pero non pasa nada. O importante é que vos movades á vez que vos indica cada unha esperando o tempo que corresponda en cada caso.
Espero que vos guste!








EDUCACIÓN INFANTIL VAI FACER E COMER PAN CON ESTAS CANCIÓNS

Preséntovos unha divertidísima canción. Comeza cuns sinxelos xestos pero pouco a pouco se vai convertendo nun xogo para facer con alguén da casa.



E para non deixar de pensar no pan, propóñovos outra en galego. Os da clase de 5 anos xa a coñecedes porque a cantamos hai un tempiño este curso. Tiñámoslle xestos, pasábamos diferentes imaxes... A ver quen se acorda. E para os de 3 e 4 é un novo reto!


TISSUE BOX MONSTERS (CRAFTS 2nd GRADERS)

Supplies You’ll Need (o que precisarás)

– Tissue Box (caixa de panos).
– Colored acrylic paint – two different colors, one for the outside (fóra) of the box and one for the inside (dentro). 
– White acrylic paint.
– Googly eyes – different sizes (tamaños) work best.  If you don’t have any, make your own by cutting round pieces of cardboard, and paint white and black (se non tes ollos, podes facelos ti recortando anacos de cartolina e coloreando de branco e negro).
– Large pom poms -  If you don’t have Pom poms, use your imagination and make your own or use buttons, etc (se non tes pom poms, fainos con boliñas de papel, emprega botóns...).
– Black sharpie or marker (rotulador-marcador).
– 1 popsicle sticks (pausiños de xeado opcional) (optional for the purple monster).
– Craft knife (cúter opcional, só adultos) (optional – adults only)
– Glue – hot glue is always going to work best when working with large googly eyes and pom poms, but you can also use an extra-strong glue. Just make sure to let it dry and press and hold for the glue to take (pegamento extra forte, presiona para que pegue ben).

Directions to Make Tissue Box Monsters
1. Pull out any plastic inner lining inside the tissue box before you start (quita o plástico de dentro para comezar).
2. Paint the outside of the tissue box with white to prime (para preparar) the box. Adding white will make sure the design of the tissue box doesn’t show through the paint (para que el diseño de la caja no se vea).
3. Once dry (seco), paint the outside of the tissue box a color of your choice, and paint the inside a different color.
4. Outline around the “mouth” of the monster (the opening of the tissue box) with a black marker. This will make the mouth pop more. Marca o contorno da "boca" (apertura da caixa).
5. For the purple box, cut 1 popsicle stick in half. Paint the pieces purple and let them dry. Glue 2 small googly eyes to the sticks. Make a small slit mark at the top of the box with the craft knife (adults should help with this part) to push the sticks in.
(Para a caixa "morada", corta 1 pausiño pola metade. Pinta e deixa secar. Pega os ollos. Fai unha pequena fenda na parte superior da caixa co cúter (os adultos deben axudar con esta parte) para empuxar os paus).
 6. Glue large googly eyes to the top (parte superior) of the tissue box. You can add one, two, three or more eyes!
7. Cut out large teeth from paper or white cardstock (papel ou cartolina). Glue the teeth to the inside of the tissue box mouth.
8. Give your monsters a little more character by gluing some large pom-poms to the top of the tissue boxes.

Aren’t these monsters just so cute? (lindos) We love how easy (sinxelo) they are and the fact that you can recycle (reciclar) a tissue box to make them! You could even use granola box to make similar ones.
Now you can use them to decorate and to play a game (xogo).  Line up the boxes and throw Pom poms or small soft objects into the mouth of the monster! (lanza pequenos obxectos dentro da "boca" do mostro) Enjoy! (Desfruta)

sábado, 2 de maio de 2020

"APARCA CADA PALABRA EN SU LUGAR" (LENGUA 4º)

Haz clic en la siguiente imagen que os llevará a una actividad interactiva para repasar LOS TIPOS DE PALABRAS SEGÚN LA POSICIÓN DE SU SÍLABA TÓNICA Y REGLAS DE ACENTUACIÓN. 
Debes arrastrar cada palabra al lugar que le corresponda.


Cuando acabes, haz clic en "Terminado" y "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".
Cubrís vuestro nombre, curso (4º), asignatura (lengua) y escribís mi correo electrónico.
Así yo veré todas vuestras respuestas.
Vosotros también podréis ver qué tal lo hicisteis. Para eso, después de enviar, vuelve al principio de la ficha y te aparecerá una puntuación que tendrá como máximo 10 puntos.
Podéis repetirla más veces para mejorar pero después del nombre indicadme un número (por ejemplo 2 si es vuestro 2º intento).





venres, 1 de maio de 2020

FESTA DOS MAIOS 2020

Este ano a situación obríganos a celebrar esta festividade de xeito virtual, non por iso con menos ilusión.
Non faltaron maios, flores, pampullos nin coplas.

Para conseguilo foi imprescindible o enorme esforzo de todos os que participastes: familias e alumnado. 
MOITÍSIMAS GRAZAS polo traballo, pola creatividade, polo bo facer, pola colaboración... por estar aí neste día!