CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

luns, 4 de maio de 2020

MÚSICA 3º: RITMO-BURGUER

Facede clic na seguinte imaxe. Levaravos a un enlace para repasar as FIGURAS MUSICAIS: negra, silencio de negra, corcheas e semicorcheas.

Primeiro teredes que ver o vídeo e seguir as indicacións que se vos dan. Será moi divertido! Faredes ritmos con esas figuras pero a través de palabras como pan, sal,  queso, ketchup, hamburguesa... Espero que o exercicio non vos dea fame destas cousas!
Atención! Porque teredes axuda para facer o ritmo pero, a medida que avancedes, se vos quitan pistas para que digades vós sós os ritmos.

Despois de practicar co vídeo, cubriredes a ficha que está debaixo del. Fánsevos preguntas sobre esas figuras traballadas así que prestade moita atención! 

Cando remates, fai clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".
Cubrides o voso nome, curso (3º), asignatura (música) e escribide o meu correo electrónico.
Así eu verei todas as vosas respostas.
Vós tamén poderedes ver que tal o fixestes. Para iso, despois de enviar, volve ao comezo da ficha e apareceravos unha puntuación que terá como máximo 10 puntos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario