CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

luns, 4 de maio de 2020

1º MÚSICA: ESCOITADE CON ATENCIÓN

Facede clic na seguinte imaxe. Levaravos a unha ficha interactiva para repasar a cualidade do son da DURACIÓN.

Alí no vídeo escoitaredes 10 sons e tedes que diferenciar se longos ou curtos. A medida que soe cada un fai clic na resposta da ficha.
Cando remates, fai clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".

Cubrides o voso nome, curso, asignatura (música) e escribide o meu correo electrónico.
Así eu verei todas as vosas respostas.
Vós tamén poderedes ver que tal o fixestes. Para iso, despois de enviar, volve ao comezo da ficha e apareceravos unha puntuación. Por exemplo: 8/10 quere dicir que acertastes 8 preguntas das 10 que había.


No seguinte vídeo tedes unha canción con movemento sobre as figuras musicais. Claro, unhas duran máis que outras!! Algunhas xa as coñecedes, outras aínda non, pero non pasa nada. O importante é que vos movades á vez que vos indica cada unha esperando o tempo que corresponda en cada caso.
Espero que vos guste!








Ningún comentario:

Publicar un comentario