CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

xoves, 19 de marzo de 2020

QUE SOABA NO ANO...

Por curiosidade queres saber ou recordar cales eran as cancións de éxito nun ano determinado ou especial para ti? Poden ser as cancións que soaban cando naciches ti, o teu pai, nai, avós...
Podes buscar nesta página que comeza no 1951... 

http://thenostalgiamachine.com/



mércores, 18 de marzo de 2020

6º PRIMARIA

Neste vídeo podedes repasar o ritmo cos vasos que aprendemos na clase. Comezando amodiño para aseguralo e poder aumentar pouco a pouco a velocidade. Recordade comezar coa mesma man porque logo ao facelo en grupo imos todos igualiños e nos coincide ben ao pasar o vaso. Á vez poderás practicar e aprender algunha palabriña en inglés.
https://www.youtube.com/watch?v=Y5kYLOb6i5I

 
Aquí ides aprender uns ritmos para facer coas mans. Non vos preocupedes, vai amodiño e poderedes facelo xenial. 
Estes ritmos de vasos e mans empregarémolos á volta nunha peza musical. Ánimo con esa coordinación! 




COMPOSICIÓN DE MÚSICA ELECTRÓNICA.
Para momentos libres nos que queiras deixar voar a túa creatividade propóñoche que sexas un compositor ou compositora de música electrónica. Podes empregar o ordenador, tablet, móbil… con estas aplicacións:
·         https://lab.hakim.se/radar/ Fai clic na pantalla. Clic en diferentes puntos para asignarlles un son a cada un. Cando a circunferencia pase por eles escoitaralos. Por iso ten en conta a situación e distancia entre os puntos porque diso dependerá o ritmo que escoites. Se algún punto que asignaches non che gusta podes quitarlle o son. Vai probando.

·         https://www.patatap.com/ No ordenador cada tecla é un son ou efecto. Xoga e combina aqueles que che gusten. Atoparás a pantalla en branco pero en canto comeces a premer... verás o que pasa!Se empregas un dispositivo con pantalla táctil combina as pulsacións e deslizamentos do dedo en diferentes direccións e zonas da pantalla e comprobarás o resultado.
Espero que vos gusten!! Quero ver á volta que tal se vos da!

RECORDATORIO IMPORTANTE!
Recórdase ao alumnado que non entregou o traballo de Música no día indicado que debe facelo inmediatamente no momento en que se reanuden as clases. Os puntos a tratar en dita tarefa eran os seguintes: título da peza musical, autor/autora/grupo, ano, estilo, breve información sobre a peza e os motivos razonados polos cales a recomendarías. Recórdase que se pode escoller música tanto instrumental como con letra. Neste último caso, a letra non pode ser ofensiva nin para persoas nin colectivos así como tampouco debe conter contravalores. Coma sempre vos digo, boa presentación!

5º PRIMARIA


Para todos aqueles que teñades acceso a unha Tablet ou un teléfono móbil que alguén da casa vos poda prestar (pedindo as cousiñas “por favor” e sempre que non o estean empregando) podedes instalar (coa axuda e permiso dos maiores) a aplicación “Mi 1º xilófono y piano”. 


Aí podedes tocar eses dous instrumentos (cambiándoos no símbolo que está arriba á dereita). 
Varias posibilidades:
- Improvisar e crear en calquera dos dous instrumentos. A ver se vos sae unha bonita melodía para compartir na clase á volta.
- Tocar as melodías que vos trae a app premendo no símbolo das dúas corcheas. Aí escolledes algún título desas cancións ou o modo libre.
- Practicar o acompañamento de xilófono que aprendemos na clase para a canción “Imagine” de John Lennon. Cando vos sintades seguros podedes acompañar a peza orixinal:

      

Recordo as notas por se tedes a partitura na clase:

(Intro: 4 compases de silencio ata que comece a letra)
DO DO FA FA (4 veces)
FA MI RE DO SOL SOL SOL  (silencio)
(2 veces)

FA SOL DO MI
FA SOL DO MI
FA SOL DO MI
FA SOL DO DO
(e logo volta a comezar)

4º PRIMARIA


Para todos aqueles que teñades acceso a unha Tablet ou un teléfono móbil que alguén da casa vos poda prestar (pedindo as cousiñas “por favor” e sempre que non o estean empregando) podedes instalar (coa axuda e permiso dos maiores) a aplicación “Mi 1º xilófono y piano”. Aí podedes tocar eses dous instrumentos (cambiándoos no símbolo que está arriba á dereita). Varias posibilidades:
-          Improvisar e crear en calquera dos dous instrumentos. A ver se vos sae unha bonita melodía para compartir na clase á volta.

     -         Tocar as melodías que vos trae a app premendo no símbolo das dúas corcheas. Aí escolledes algún título desas cancións ou o modo libre.

     -     Tocar no xilófono a derradeira partitura da fotocopia de flauta que estamos vendo na clase. Á volta tocámola en grupo con todos os instrumentos.

      -       Repasar coa flauta toda a fotocopia para que non se nos esqueza e movamos un pouco os dediños.




Tamén podes practicar as notas sol-la-si e intentar tocalo coa frauta no seguinte enlace.


3º PRIMARIA


-      Propóñovos este vídeo para repasar as figuras rítmicas vistas na clase: branca (taa), negra (ta) co seu silencio, corcheas (titi) e semicorcheas (tiritiri):
Ao principio podedes empregar as sílabas rítmicas que sabedes e vos recordo arriba. Logo, practicarédelo con palmas. Finalmente, realizade o ritmo empregando diferentes niveis de percusión corporal (palmas, xeonllos, pés, chasquidos de dedos…) ou algún pequeno instrumento de percusión se tedes na casa. A ver quen é máis creativo. Cando nos vexamos facémolo todos xuntos.
https://www.youtube.com/watch?time_continue=206&v=kcT5eejjNAk&feature=emb_logo



-          Tamén con este xogo que vos presento podedes “atrapar as notas na clave de Sol” practicando as que xa sabemos de clase. 

2º PRIMARIA


-          Con este vídeo practicarás a duración destas figuras que xa coñeces: negra (ta) co seu silencio (que dura o mesmo pero non soa) e a parella de corcheas (titi). 
Ao principio podedes empregar as sílabas rítmicas que sabedes e vos recordo arriba. Logo, practicarédelo con palmas. Finalmente, realizade o ritmo empregando diferentes niveis de percusión corporal (palmas, xeonllos, pés, chasquidos de dedos…) ou se tes algún pequeno instrumento de percusión. A ver quen é máis creativo. Cando nos vexamos facémolo todos xuntos.




-          Outro enlace para practicar o ritmo tocando un instrumento virtual:



-          Neste outro vídeo axuda aos pingüíns a averiguar cal é o ritmo que soa de todos os que aparecen na pantalla.




Finalmente, preme no enlace e xoga a "atrapar as notas na clave de Sol".

1º PRIMARIA


Neste vídeo aprenderedes a canción titulada “Kokoleoko” (tradicional de Ghana). Sabedes onde está este sitio? Coa axuda dun maior podedes buscalo. Debedes aprender ben a letra (non vos preocupedes porque se repite moitas veces e seguro que a sabedes axiña) e os xestos.
Logo a practicar moito e a pasar un bo rato ensinándolla a alguén da vosa familia para facela xuntos. Cando nos volvamos ver na clase, cantarémola e bailarémola todos.
-          

   
    Con este xogo que vos presento podedes “atrapar as notas na clave de Sol” practicando as que  coñecedes de clase. Empezade desde o primeiro nivel (con 3 notas: Mi, Sol e La) que xa sabedes onde se colocan no pentagrama. Cando o teñades dominado podedes pasar a outro nivel. Sabedes unha cousa? Á vez tamén veredes un teclado para saber onde se sitúan no piano! A ver á volta quen toca comigo co teclado da clase.


EDUCACIÓN INFANTIL


Recomendo unha serie de xogos educativos para o alumnado de Educación Infantil que dispoña de ordenador na casa. Trátase de seguir reforzando contidos que se están a traballar na escola a través doutro tipo de recursos. Ademais, tamén se persegue manter unhas rutinas (que son moi necesarias nestas idades) en canto a marcar uns tempos destinados á realización dalgún traballiño.
No seguinte enlace hai unha ampla variedade para escoller. Poden ser de percepción, atención, conteo, cores… pero vou facer fincapé nas actividades que están máis relacionadas coa Música.


Por unha banda, o primeiro apartado de actividades (agrupadas baixo o nome “presionando teclas”) persegue a asociación de diferentes animais co son que producen. Por outra banda, o xogo denominado “música” no que alumnado pode facer clic nun ou varios mouchos de xeito que ten a posibilidade de escoitar un son ou combinalos simulando unha banda. Se volve premer sobre un moucho que está soando, este deixa de producir son. Así, o alumnado percibe a diferenza entre son e silencio e pode facer unha creación combinando en cada momento os sons que máis lle gusten.