CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

mércores, 18 de marzo de 2020

6º PRIMARIA

Neste vídeo podedes repasar o ritmo cos vasos que aprendemos na clase. Comezando amodiño para aseguralo e poder aumentar pouco a pouco a velocidade. Recordade comezar coa mesma man porque logo ao facelo en grupo imos todos igualiños e nos coincide ben ao pasar o vaso. Á vez poderás practicar e aprender algunha palabriña en inglés.
https://www.youtube.com/watch?v=Y5kYLOb6i5I

 
Aquí ides aprender uns ritmos para facer coas mans. Non vos preocupedes, vai amodiño e poderedes facelo xenial. 
Estes ritmos de vasos e mans empregarémolos á volta nunha peza musical. Ánimo con esa coordinación! 




COMPOSICIÓN DE MÚSICA ELECTRÓNICA.
Para momentos libres nos que queiras deixar voar a túa creatividade propóñoche que sexas un compositor ou compositora de música electrónica. Podes empregar o ordenador, tablet, móbil… con estas aplicacións:
·         https://lab.hakim.se/radar/ Fai clic na pantalla. Clic en diferentes puntos para asignarlles un son a cada un. Cando a circunferencia pase por eles escoitaralos. Por iso ten en conta a situación e distancia entre os puntos porque diso dependerá o ritmo que escoites. Se algún punto que asignaches non che gusta podes quitarlle o son. Vai probando.

·         https://www.patatap.com/ No ordenador cada tecla é un son ou efecto. Xoga e combina aqueles que che gusten. Atoparás a pantalla en branco pero en canto comeces a premer... verás o que pasa!Se empregas un dispositivo con pantalla táctil combina as pulsacións e deslizamentos do dedo en diferentes direccións e zonas da pantalla e comprobarás o resultado.
Espero que vos gusten!! Quero ver á volta que tal se vos da!

RECORDATORIO IMPORTANTE!
Recórdase ao alumnado que non entregou o traballo de Música no día indicado que debe facelo inmediatamente no momento en que se reanuden as clases. Os puntos a tratar en dita tarefa eran os seguintes: título da peza musical, autor/autora/grupo, ano, estilo, breve información sobre a peza e os motivos razonados polos cales a recomendarías. Recórdase que se pode escoller música tanto instrumental como con letra. Neste último caso, a letra non pode ser ofensiva nin para persoas nin colectivos así como tampouco debe conter contravalores. Coma sempre vos digo, boa presentación!

2 comentarios:

  1. Ola profe son Ana:
    Grazas por poñer esto para que poidamos praticar, e moi divertido e pasas o rato aprendendo moito.
    Enton moitas grazas profe e espero poder volver a escola pronto.
    Unha perta Ana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Ana!
      Alégrome moito de que vos sirva de axuda para poder practicar, aprender e pasalo ben.
      Desexo que esteades ben ti e a túa familia.
      Espero vervos pronto e que podamos seguir facendo música xuntos.
      Unha aperta

      Eliminar