Recomendo unha serie
de xogos educativos para o alumnado de Educación Infantil que dispoña de
ordenador na casa. Trátase de seguir reforzando contidos que se están a
traballar na escola a través doutro tipo de recursos. Ademais, tamén se
persegue manter unhas rutinas (que son moi necesarias nestas idades) en canto a
marcar uns tempos destinados á realización dalgún traballiño.
No seguinte enlace
hai unha ampla variedade para escoller. Poden ser de percepción,
atención, conteo, cores… pero vou facer fincapé nas actividades que están máis
relacionadas coa Música.
Por unha banda, o
primeiro apartado de actividades (agrupadas baixo o nome “presionando teclas”)
persegue a asociación de diferentes animais co son que producen. Por outra
banda, o xogo denominado “música” no que alumnado pode facer clic nun ou varios
mouchos de xeito que ten a posibilidade de escoitar un son ou combinalos simulando unha banda.
Se volve premer sobre un moucho que está soando, este deixa de producir son.
Así, o alumnado percibe a diferenza entre son e silencio e pode facer unha
creación combinando en cada momento os sons que máis lle gusten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario