CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

luns, 11 de maio de 2020

4º, 5º e 6º: CONSTRUTORES DE INSTRUMENTOS

Ola nenos e nenas:
A actividade desta semana é construír instrumentos musicais.
Concretamente, un que coñecedes ben: a frauta. Ollo! Con materiais diferentes aos da vosa.
Empregaremos como material principal unha palliña, das que ás veces temos na casa para beber. Claro, despois non se empregan para nada máis e se xera un produto de regugallo. Pois ben, no canto de tirala, podémola converter nun instrumento dándolle un segundo uso.

Se vos gusta máis o instrumento de percusión que lle propuxen a 1º, 2º, e 3º, podedes cambiar a frauta por algunha desas alternativas. Buscade premendo nas etiquetas de calquera deses cursos.

Máis abaixo déixovos un vídeo explicativo.
Como veredes, a explicación de que se produzan diferentes sons é o que vos expliquei o primeiro día que comezastes a tocar a frauta comigo. Explicado rapidamente, hai que entendela como un tubo e, dependendo do seu tamaño, varia o son: canto máis pequena se fai produce un son máis agudo; canto máis grande, máis grave. Coa nosa frauta conseguimos alongar o tubo tapando buratos; e acurtalo destapándoos.

Cousas que tedes que ter en conta:
- Para tocar tedes que apretar un pouco os beizos. Ide explorando como vos sae o son.
- Cando fagades as dobreces para cortar os buratiños, tede coidado con cortar só a esquiniña porque cando estirades de novo a palla, védelo máis grande.



Eu xa teño a miña:

Esta semana, ao alumando de 6º non vos mando nada máis para Plástica porque esta actividade xa a engloba. 

Non vos esquezades de mandar unha foto ou un breve vídeo producindo son con ela a través do correo electrónico.
Que teñades unha boa semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario