CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

luns, 11 de maio de 2020

1º, 2º e 3º CONSTRÚEN INSTRUMENTOS

Ola nenos e nenas:
Esta semana imos construír instrumentos con materiais da casa. Imos facer uns tambores, ou mellor dito uns "tamborlata". 
Os materiais que precisamos son os seguintes:


No seguinte vídeo, explícovos o que tedes que facer.


Xa podedes explorar todas as variedades de sons que podedes producir percutindo de diferentes xeitos: coa man, con culler de pau, cun boli... peliscando o globo cos dedos, raspándoo como se fose un güiro...

Non vos esquezades de mandar ao meu correo a foto do voso instrumento ou un breve vídeo tocándoo para que vexa como vos quedou.

ACLARACIÓN: Os que estades en 2º, o ano pasado construistes comigo na clase un parecido con tubos de cartón. Este tambor ao ser de lata ten outra sonoridade. Aínda así, déixovos outras alternativas por se queredes facer outros diferentes:

- Opción 1: podedes facer un cunha lata grande e outro con outra lata pequena. Despois unídeos entre si cunha cinta adhesiva ancha e teredes uns bongos.




- Opción 2: Para esta opción non teríades que quitarlle a parte de abaixo ao tubo. Podedes facer unhas pequenas fendas desgastando os bordes de ambos extremos onde lle colocaredes unhas gomas elásticas. As fendas son para que queden aí encaixadas as gomas e non se escapen. Empregando diferente tensión das gomas obteredes sons distintos.


Esta semana, ao alumando de 1º e 2º non vos mando nada máis para Plástica porque esta actividade xa a engloba. 
Que teñades todos unha boa semana.
Unha forte aperta

Ningún comentario:

Publicar un comentario