CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

luns, 25 de maio de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL: SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola!!
Para esta semana temos dúas actividades.

1º: Temos unha actividade interactiva que se pode facer desde un móbil, tablet, ordenador... para a que estar moi moi atentos para adiviñar que animal soa en cada momento.
Para acceder á tarefa, facede clic no enlace ou na imaxe que poño abaixo.
Escoitade cada audio na parte da dereita e unídeo co debuxo do animal. Se vos achegades ao símbolo dos audios aparecerá debuxado un lapis. Arrastrádeo ata o debuxo.

Ao rematar, hai que facer clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a". Aí, hai que escribir o nome, curso e a miña dirección de correo electrónico.
Non fai faita que na casa alguén teña correo, simplemente con escribir o meu xa me chega a vosa tarefa feita.

https://es.liveworksheets.com/qp238473my



2º: Imos facer esta canción bailando e con xestos tendo en conta movernos cara onde nos indican: adiante, atrás, cara un lado e cara o outro.


Unha aperta moi grande para todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario