Ola nenos e nenas!
Nesta actividade hai que escoitar moi moi ben. Imos facer como un dictado cos sons Sol e Mi (como cando o facemos na clase estando eu no teclado e vós no pentagrama xigante).
Veredes un vídeo e unha ficha cos exercicios onde tedes que ir cubrindo as vosas respostas.
Non vos esquezades de enviar as vosas respostas ao meu correo electrónico cando rematedes.
https://es.liveworksheets.com/mm630763rx
Con este vídeo practicaredes ritmos co voso tambor. Hai un momento no que tedes que pasalo a outra persoa. Por suposto, se non tedes outro tambor máis, vedes que o podedes facer con outro recipiente que haxa na casa. Ademáis de ir correctamente co ritmo, fixádevos en que zona do tambor/recipiente hai que percutir en cada momento.
Que teñades unha moi moi boa semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario