Envíovos unhas fichas interactivas para recordar o valor das figuras, os compases...
RECORDATORIOS:
- O puntillo súmalle a unha figura a metade do valor que ten. Por exemplo: branca= 2; branca con puntillo= 2+1=3; rendonda=4; redonda con puntillo= 4+2= 6; negra=1; negra con puntillo= 1+0,5= 1,5.
- Compases:
2/4: cabe o valor equivalente a 2 negras en cada compás.
3/4: cabe o valor equivalente a 3 negras en cada compás.
4/4: cabe o valor equivalente a 4 negras en cada compás.

Cando as remates fai clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".
Cubrides o voso nome, curso (5º), asignatura (música) e escribide o meu correo electrónico.
Así eu verei todas as vosas respostas.
Vós tamén poderedes ver que tal o fixestes. Para iso, despois de enviar, volve ao comezo da ficha e apareceravos unha puntuación que terá como máximo 10 puntos.
Primeira ficha (fai clic na imaxe): Ves figuras e combinacións das mesmas equivalentes a eses valores. Abaixo suma as combinacións de figuras que teñas e coloca o número que che da como resultado.
Segunda ficha (fai clic na imaxe): Comproba se cada compás está ben escrito atendendo a se a suma das figuras se corresponde co valor do compás (nin máis nin menos). Fai clic no cadro do polgar para arriba (correcto) ou para abaixo (incorrecto). Coidado porque cambian os compases polo medio dos pentagramas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario