Envíovos unha ficha interactiva na que simplemente tedes que escribir o nome das notas en cada cadradiño da partitura da peza "Resistiré", que ultimamente escoitamos moito, unha canción cantada polo Dúo Dinámico que xa ten uns cuantos anos.
Xa vos aviso. Non vos asustedes de que sexan moitas. Realmente logo repítense un montón de veces.
IMPORTANTE: cando poñades o nome nas notas agudas non lle poñades un apóstrofe (') para indicar que é aguda porque o exercicio detéctao como un erro na escrita. Naquelas notas agudas a partir do Do do 3º espazo, poñede o nome igual (Do, Re, Mi...).
Cando remates a ficha fai clic en "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor/a".
Cubrides o voso nome, curso (6º), asignatura (música) e escribide o meu correo electrónico.
Así eu verei todas as vosas respostas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario