Ola nenos e nenas:
Esta semana déixovos dous vídeos.
No primeiro veredes unha pequena historia. Con ela entenderedes que os instrumentos, do mesmo xeito que vós tedes unha familia, eles tamén a teñen. Encántanlles estar xuntos, tocar e teñen algunhas cousas nas que se parecen.
E neste outro vídeo podemos coñecer algúns dos instrumentos "clásicos": como son, como se tocan e, por suposto, como soan.
Espero que vos gusten. Xa tes algún preferido?
Apertas e que teñades unha boa semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario