CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

xoves, 16 de abril de 2020

5º e 6º... É A VOSA QUENDA, TÓCAVOS BAILAR

Ola nenos e nenas!
Aquí deixo dúas propostas para mover o corpiño estes días.
Mirádeme con atención os pasos, practicade e pasádeo ben.
Podedes escoller a que máis vos guste ou facer as dúas, por suposto. 
Se non sae ao comezo non vos veñades abaixo. Envíovas porque confío en vós e sei que sodes quen de facelo. Con práctica todo se vai conseguindo, xa sabedes.





Aprendede os pasiños pouco a pouco e, cando vos sintades seguros, quen queira pode mandarme ao correo electrónico un vídeo dun fragmento do voso baile. A idea sería subir os vosos vídeos para que podades vervos. Outra posbilidade é deixar abaixo un comentario explicando se vos gustou esta actividade de baile, cal foi a vosa preferida, se foi complicada algunha parte...

Moito ánimo!! Dáme mágoa non poder estar bailando con vós.

Bicos 😄

2 comentarios:

  1. Hola profe. Son Uxía de 5º.
    Foi unha actividade moi divertida e gustoume moito. O meu video preferido foi o de mama mía, a parte que mais me gustou foi a do final do video, non tuven ningunha complicación.
    Un biquiño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Uxía! Canto me alegro de que che gustara.
      Espero propoñervos outros bailes.
      A seguinte actividade vai ser moi diferente pero espero que vos guste igualmente.
      Bicos

      Eliminar