CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN!!!!

Ola nenos e nenas!!
Despedímonos por un tempiño. Mentres, agardo que pasedes un marabilloso verán desfrutando e cargando as vosas pilas para a volta.

Dedícovos a mensaxe desta canción con todo o meu corazón. Forma parte da banda sonora da película "Tarzán" con música de Phil Collins.

Un montón de bicos. 


luns, 15 de xuño de 2020

SEMANA 15-19 XUÑO: MÚSICA 3º, 4º, 5º.


Boas nenos e nenas!
Seguro que estades emocionad@s xa porque comezarán pronto as vacacións.
Pois ben, propóñovos a derradeira actividade para rematar o curso con moito ritmo.
No vídeo que tedes máis abaixo escoitaredes unha música moi alegre na que sairán ritmos que combinan figuras musicais moi coñecidas por todos.
Deberedes acompañar a peza co ritmo correspondente en cada momento. Podedes percutilo combinando diferentes niveis de percusión corporal (palmas, palmas sobre a mesa, xeonllos, pés...) ou empregar obxectos ou instrumentos de percusión que teñades na casa.
Nos primeiros 8 compases de introdución podedes facer baile libre. 

Esta semana non tedes que enviar tarefa de música.

Bicos musicais para tod@s



15 DE XUÑO: MÚSICA ESPECIAL PARA 6º

Para os meus mozos e mozas de 6º:
Ademais de que remata o curso e poderedes desfrutar dunhas merecidas vacacións, comeza unha nova etapa. É un final (do que dá mágoa non poder despedirse en outras condicións como outros anos) que dará paso a un novo comezo nun sitio novo, con outras persoas, outras experiencias e futuros logros.
Deséxovos todo o mellor na nova etapa do voso camiño, camiño que moitas veces non será recto, non será doado, pero atoparedes a forma de seguir adiante, avanzando grazas ao voso esforzo.

Como sei que a moitos de vós vos gusta David Rees e puidemos pasar moi bos momentos cantando e tocando a súa canción "De ellos aprendí", agora déixovos a derradeira canción deste curso e da etapa de primaria.

É unha canción en forma de carta escrita desde o "eu futuro" ao "eu do presente".
Escollo dúas mensaxes desta canción que vos dedico para que teñades presente:
         - "Sé de sobra que todo va a salir bien".
         - "Ve sin miedo".

Cantádea e sacade todo o bo do voso "eu presente" para facer un mellor "eu futuro".

Moitos bicos e unha aperta moi forte!


15 XUÑO. MÚSICA (EDUCACIÓN INFANTIL, 1º, 2º).

Ola nenos e nenas!
Estamos xa rematando o curso!
Contentos?? Xa poderedes desfrutar do verán despois de traballar tanto!
Esta semana non tedes que entregar nada.
Ademais de seguir repasando e pasándoo ben con outras cancións, ritmos, bailes... que aprendemos este curso, déixovos unha última proposta.
Combina xogo coas mans, ritmos, percusión... A practicar para que saia ben e a desfrutar!!!
Un bico grande e unha aperta moi forte.











SEMANA 15-19 XUÑO: 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola nenos e nenas!!
Como estades agora que comezamos a derradeira semana deste curso que rematamos de xeito tan raro?
Supoño que contentos porque pronto comezaredes unhas ben merecidas vacacións logo de traballar tanto e adaptarvos rápidanente a esta situación diferente coa que tivemos que continuar o curso.

Mirade, esta semana non tedes tarefas para entregar. O que vos vou poñer son actividades/xogos/praceres que podedes facer ao longo desta semana e ao longo do verán para non esquecer o que aprendestes este curso.

REPASO DE LENGUA:
- Juegos variados: 
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Boecillo/lengua/Cofre2/index.htm

- Escribe "Mi diario de verano" para hacer que tus vacaciones sean inolvidables, contando todo lo especial que te pasa, las anécdotas divertidas que vivas con tu familia y tus amigos... Por supuesto, escríbelo bien, aplicando todo lo que sabes pero también hazlo bonito, como si fuese un tesoro para conservar, algo que te haga revivir momentos felices cando lo leas dentro de unos años. 

- Algunhas técnicas creativas para inventar historias:
   -->Que ocurriría si…:
   Se trata de hacernos preguntas para contar historias. Por ejemplo: ¿qué ocurriría si un hombre se despertase transformado en un escarabajo?
  Para formular una pregunta, es necesario elegir al azar un sujeto y un predicado. Por ejemplo, con el sujeto “ríos” y el predicado “volar” podría salir: ¿qué ocurriría si todos los ríos se echasen a volar?
    -->Los cuentos al revés:
  Invertir los cuentos tal y como se conocen. Por ejemplo: Blancanieves no se encuentra a 7 enanitos sino a 7 gigantes. ¿Cómo sigue la historia? 
    -->Ensalada de cuentos:
  Se combinan unos cuentos con otros, mezclando personajes, lugares, acontecimientos… Por ejemplo: Caperucita se encuentra a Pulgarcito y a sus hermanos.

- Le por gusto. Podrás desfrutar, viajar a otros lugares y épocas, aprender, imaginar...


CIENCIAS SOCIAIS:

- Recomendación lectora: 
Recomendovos o libro titulado "Cando a Terra esqueceu xirar" da escritora Fina Casalderrey. É un libro moi divertido no que se nos conta que pasaría se a Terra non xirase. Así, activa na túa cabeciña todo o que recordas dos movementos de rotación e translación do noso planeta, a importancia de cada un, a duración, o percorrido e os seus efectos.

- Desfruta e pensa na natureza cando xogues, pasees, cociñes, vaias á compra ou á praia... Pensa no que sabes da xeosfera, da atmosfera e da hidrosfera. Sabes que cousas lle fan dano e que podemos facer para coidalas. Ti podes ser un heroe e unha heroina facendo cousas pequenas pero moi importantes para o planeta.

- Cando pasees e viaxes, observa detidamente a paisaxe. Que tipo de paisaxe é? Natural ou humanizada? Atlántica, de interior, mediterránea, de canarias...? Que elementos do relevo estás vendo? Por que ríos, montañas... estás pasando? Chámalle a todo correctamente polo seu nome, sorprende aos teus familiares e amigos con todo o que sabes como un/ha verdadeir@ científic@ expert@.

- Cando vaias ao supermercado ou a outras tendas, organices a compra na casa, axudes a cociñar... pensa no que tivo que pasar para poder desfrutar dese produto. Cales son as materias primas e quen as tivo que obter (traballos do sector primario), quen as modificou nunha fábrica ou nun taller (sector secundario), quen as transportou, colocou e vendeu na tenda (sector terciario). E se vas, por exemplo, á perruquería, ao médico... a que sector pertencen as persoas que che atenden? Pénsao!!


luns, 8 de xuño de 2020

3º: 8 de XUÑO (percusión corporal)

Esta semana tócanos practicar ritmos con percusión corporal.
No vídeo estade moi atentos ao principio para saber que significa cada debuxo e logo... a practicar coa música.

Ao mellor a primeira vez non sae moi ben porque non sabedes onde tedes que cambiar de ritmo pero practicando poderédelo facer xenial.


Esta semana non hai que entregar esta tarefa. Si facela para practicar e repasar a duración das figuras e a nosa coordinación coa percusión.

5º e 6º: 8 XUÑO.

Déixovos esta aplicación (tanto para móbiles, tablets... de android ou de iOS) para facer as vosas creacións musicais combinando os diferentes sons que vos propoñen os botóns: sons electrónicos, instrumentos, voces... O único que tedes que facer é pulsar en cada botón para activar (ou volver a pulsar para desactivar) e estaredes escoitando a vosa creación en tempo real. 
Tedes a opción de gravar e ter o arquivo de audio tamén.
Podedes desfrutar ou amenizar as xuntanzas cos amigos e familiares, como se fosedes un Dj.

Chámase "GOOVEPAD" e podédela atopar tanto en "Playstore" (para android) ou en "App store" (de Apple). É gratuita.


Esta semana non tedes que entregar tarefa. De forma voluntaria, despois de explorar con groovepad, podedes gravar unha creación e enviala por correo.