CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ

luns, 15 de xuño de 2020

15 DE XUÑO: MÚSICA ESPECIAL PARA 6º

Para os meus mozos e mozas de 6º:
Ademais de que remata o curso e poderedes desfrutar dunhas merecidas vacacións, comeza unha nova etapa. É un final (do que dá mágoa non poder despedirse en outras condicións como outros anos) que dará paso a un novo comezo nun sitio novo, con outras persoas, outras experiencias e futuros logros.
Deséxovos todo o mellor na nova etapa do voso camiño, camiño que moitas veces non será recto, non será doado, pero atoparedes a forma de seguir adiante, avanzando grazas ao voso esforzo.

Como sei que a moitos de vós vos gusta David Rees e puidemos pasar moi bos momentos cantando e tocando a súa canción "De ellos aprendí", agora déixovos a derradeira canción deste curso e da etapa de primaria.

É unha canción en forma de carta escrita desde o "eu futuro" ao "eu do presente".
Escollo dúas mensaxes desta canción que vos dedico para que teñades presente:
         - "Sé de sobra que todo va a salir bien".
         - "Ve sin miedo".

Cantádea e sacade todo o bo do voso "eu presente" para facer un mellor "eu futuro".

Moitos bicos e unha aperta moi forte!


Ningún comentario:

Publicar un comentario