Sei que tedes a flauta na casa e, para que non se nos esquezan as tres posicións que aprendemos na clase, imos recordalas un pouco.
Neste enlace tedes acceso a unha peza. Primeiro iredes escoitándoa por fragmentos, poñendo atención ás notas que sae e recordando as posicións no instrumento.
http://www.aprendomusica.com/const2/10gentlysleep/gentlysleep.html
Cando rematedes iso, déixovos a partitura completa para que practiquedes pouquiño a pouco ata que vos saia a canción "Gently sleep". Recordade o que sabedes sobre a postura corporal que temos que ter ao tocar, sobre as posicións das mans e dos dedos no instrumento en cada momento, como soprar...
Esta semana non hai que entregar esta tarefa, enviar vídeo nin nada. Só practicala e repasar as notas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario