Por curiosidade queres saber ou recordar cales eran as cancións de éxito nun ano determinado ou especial para ti? Poden ser as cancións que soaban cando naciches ti, o teu pai, nai, avós...
Podes buscar nesta página que comeza no 1951...
http://thenostalgiamachine.com/
CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ
CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ
xoves, 19 de marzo de 2020
mércores, 18 de marzo de 2020
6º PRIMARIA
Neste vídeo podedes repasar o ritmo cos vasos que aprendemos na clase. Comezando amodiño para aseguralo e poder aumentar pouco a pouco a velocidade. Recordade comezar coa mesma man porque logo ao facelo en grupo imos todos igualiños e nos coincide ben ao pasar o vaso. Á vez poderás practicar e aprender algunha palabriña en inglés.
https://www.youtube.com/watch?v=Y5kYLOb6i5I
Aquí ides aprender uns ritmos para facer coas mans. Non vos preocupedes, vai amodiño e poderedes facelo xenial.
Estes ritmos de vasos e mans empregarémolos á volta nunha peza musical. Ánimo con esa coordinación!
COMPOSICIÓN DE MÚSICA ELECTRÓNICA.
Para momentos libres nos que queiras deixar voar a túa creatividade
propóñoche que sexas un compositor ou compositora de música electrónica. Podes
empregar o ordenador, tablet, móbil… con estas aplicacións:
·
https://lab.hakim.se/radar/
Fai clic na pantalla. Clic en diferentes puntos para asignarlles un son a cada
un. Cando a circunferencia pase por eles escoitaralos. Por iso ten en conta a
situación e distancia entre os puntos porque diso dependerá o ritmo que
escoites. Se algún punto que asignaches non che gusta podes quitarlle o son.
Vai probando.
·
https://www.patatap.com/
No ordenador cada tecla é un son ou efecto. Xoga e combina aqueles que che
gusten. Atoparás a pantalla en branco pero en canto comeces a premer... verás o que pasa!Se empregas un dispositivo con pantalla táctil combina as pulsacións e
deslizamentos do dedo en diferentes direccións e zonas da pantalla e comprobarás
o resultado.
Espero que vos gusten!! Quero ver á volta que tal se vos da!
RECORDATORIO IMPORTANTE!
Recórdase ao alumnado que non entregou o
traballo de Música no día indicado que debe facelo inmediatamente no momento en
que se reanuden as clases. Os puntos a tratar en dita tarefa eran os seguintes:
título da peza musical, autor/autora/grupo, ano, estilo, breve información
sobre a peza e os motivos razonados polos cales a recomendarías. Recórdase que
se pode escoller música tanto instrumental como con letra. Neste último caso, a
letra non pode ser ofensiva nin para persoas nin colectivos así como tampouco
debe conter contravalores. Coma sempre vos digo, boa presentación!
5º PRIMARIA
Para todos aqueles
que teñades acceso a unha Tablet ou un teléfono móbil que alguén da casa vos
poda prestar (pedindo as cousiñas “por favor” e sempre que non o estean
empregando) podedes instalar (coa axuda e permiso dos maiores) a aplicación “Mi
1º xilófono y piano”.
Aí podedes tocar eses dous instrumentos (cambiándoos no
símbolo que está arriba á dereita).
Varias posibilidades:
- Improvisar
e crear en calquera dos dous instrumentos. A ver se vos sae unha bonita melodía
para compartir na clase á volta.
- Tocar as
melodías que vos trae a app premendo no símbolo das dúas corcheas. Aí escolledes
algún título desas cancións ou o modo libre.
- Practicar
o acompañamento de xilófono que aprendemos na clase para a canción “Imagine” de
John Lennon. Cando vos sintades seguros podedes acompañar a peza orixinal:
Recordo
as notas por se tedes a partitura na clase:
(Intro: 4 compases de silencio ata que comece a letra)
DO
DO FA FA (4 veces)
FA
MI RE DO SOL SOL SOL (silencio)
(2 veces)
FA
SOL DO MI
FA
SOL DO MI
FA
SOL DO MI
FA
SOL DO DO
(e
logo volta a comezar)
4º PRIMARIA
Para todos aqueles
que teñades acceso a unha Tablet ou un teléfono móbil que alguén da casa vos
poda prestar (pedindo as cousiñas “por favor” e sempre que non o estean
empregando) podedes instalar (coa axuda e permiso dos maiores) a aplicación “Mi
1º xilófono y piano”. Aí podedes tocar eses dous instrumentos (cambiándoos no
símbolo que está arriba á dereita). Varias posibilidades:
-
Improvisar
e crear en calquera dos dous instrumentos. A ver se vos sae unha bonita melodía
para compartir na clase á volta.
- Tocar as
melodías que vos trae a app premendo no símbolo das dúas corcheas. Aí
escolledes algún título desas cancións ou o modo libre.
- Tocar no
xilófono a derradeira partitura da fotocopia de flauta que estamos vendo na clase.
Á volta tocámola en grupo con todos os instrumentos.
- Repasar
coa flauta toda a fotocopia para que non se nos esqueza e movamos un pouco os
dediños.
Tamén
podes practicar as notas sol-la-si e intentar tocalo coa frauta no seguinte
enlace.
3º PRIMARIA
- Propóñovos este vídeo para repasar as
figuras rítmicas vistas na clase: branca (taa), negra (ta) co seu silencio,
corcheas (titi) e semicorcheas (tiritiri):
Ao principio podedes empregar as sílabas
rítmicas que sabedes e vos recordo arriba. Logo, practicarédelo con palmas.
Finalmente, realizade o ritmo empregando diferentes niveis de percusión corporal
(palmas, xeonllos, pés, chasquidos de dedos…) ou algún pequeno instrumento
de percusión se tedes na casa. A ver quen é máis creativo. Cando nos vexamos
facémolo todos xuntos.
https://www.youtube.com/watch?time_continue=206&v=kcT5eejjNAk&feature=emb_logo
- Tamén con este xogo que vos presento podedes “atrapar
as notas na clave de Sol” practicando as que xa sabemos de clase.
2º PRIMARIA
-
Con este vídeo practicarás a duración
destas figuras que xa coñeces: negra (ta) co seu silencio (que dura o mesmo
pero non soa) e a parella de corcheas (titi).
Ao principio podedes empregar as sílabas
rítmicas que sabedes e vos recordo arriba. Logo, practicarédelo con palmas.
Finalmente, realizade o ritmo empregando diferentes niveis de percusión corporal
(palmas, xeonllos, pés, chasquidos de dedos…) ou se tes algún pequeno
instrumento de percusión. A ver quen é máis creativo. Cando nos vexamos
facémolo todos xuntos.
-
Outro enlace para practicar o ritmo tocando un
instrumento virtual:
-
Neste outro vídeo axuda aos pingüíns a averiguar
cal é o ritmo que soa de todos os que aparecen na pantalla.
Finalmente, preme no enlace e xoga a "atrapar as notas na clave de Sol".
1º PRIMARIA
Neste vídeo aprenderedes a canción titulada “Kokoleoko” (tradicional de Ghana). Sabedes
onde está este sitio? Coa axuda dun maior podedes buscalo. Debedes aprender ben
a letra (non vos preocupedes porque se repite moitas veces e seguro que a
sabedes axiña) e os xestos.
Logo a practicar moito e a pasar
un bo rato ensinándolla a alguén da vosa familia para facela xuntos. Cando nos
volvamos ver na clase, cantarémola e bailarémola todos.
-
Con este xogo que vos presento podedes “atrapar
as notas na clave de Sol” practicando as que coñecedes de clase. Empezade
desde o primeiro nivel (con 3 notas: Mi, Sol e La) que xa sabedes onde se
colocan no pentagrama. Cando o teñades dominado podedes pasar a outro nivel.
Sabedes unha cousa? Á vez tamén veredes un teclado para saber onde se sitúan no
piano! A ver á volta quen toca comigo co teclado da clase.
Preme no enlace e a xogar! https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







