E coa última que coñecedes moi ben ides mover todo o voso corpiño!! A facer os xestos e movementos que vos indica a canción e, por suposto, a non equivocarse coas direccións (diante, atrás, un lado e outro lado).
Aquí deixo dúas propostas para mover o corpiño estes días.
Mirádeme con atención os pasos, practicade e pasádeo ben.
Podedes escoller a que máis vos guste ou facer as dúas, por suposto.
Se non sae ao comezo non vos veñades abaixo. Envíovas porque confío en vós e sei que sodes quen de facelo. Con práctica todo se vai conseguindo, xa sabedes.
Aprendede os pasiños pouco a pouco e, cando vos sintades seguros, quen queira pode mandarme ao correo electrónico un vídeo dun fragmento do voso baile. A idea sería subir os vosos vídeos para que podades vervos. Outra posbilidade é deixar abaixo un comentario explicando se vos gustou esta actividade de baile, cal foi a vosa preferida, se foi complicada algunha parte...
Moito ánimo!! Dáme mágoa non poder estar bailando con vós.
Ola nenos e nenas!!
Esta semana toca mover o noso corpiño con moito ritmo.
Deixo aquí unha canción de SuperMario (que seguro que coñecedes) para seguir os pasos.
Despois de practicar, practicar e pasalo moi ben, quen queira pode mandarme ao meu correo un pequeno vídeo dun fragmento bailado por vós coa música para ver que ben o facedes. Sempre me sorprendedes!
Logo, subiríao ao blog para que tamén vexades aos compañeiros.
Se non, tamén podedes deixar un comentario dicindo se vos gustou facer a actividade de baile, se foi difícil...
Ola!!
Levamos tempo na casa e temos que espertar o noso corpo. Podedes animar ao resto da casa.
Déixovos un vídeo de Just Dance para que sigades os pasos. Coñecédela seguro!
Ensaiade os pasos e, cando vos sintades seguros, podedes gravar un pequeno vídeo dun fragmento coa canción bailando vós mesmos e mandarma ao correo electrónico. Eu subirei ao blog o que me mandedes. Así, podedes vervos. Ou simplemente podedes deixar un comentario explicando se vos resultou complicado, se vos gustou a actividade de baile...
Como estades? Eu acórdome un montón de vós. Que ganiñas de volver estar xuntos. Mentres, propóñovos unha manualidade. Tedes que estar atentiños. Non vos preocupedes. Mirade amodiño o vídeo e, se fai falta, dáselle de novo para atrás. Vanvos quedar uns marcadores de libros chulísimos.
Veredes outros modelos en youtube por se queredes intentalo.
Gustaríame un montón ver o bonitos que vos quedan, incluso enganchados nos libros que teñades ou que esteades lendo. Quen queira, pode facerlle foto e mardarma ao correo electrónico. Eu subiríaas aquí no blog para que as vexades desde as vosas casas. Así, sentirémonos un pouquiño máis preto.
Espero que esteades todos moi ben. Penso que igual algo aburridiños (aínda que confío na vosa creatividade para ocupar o tempo na casa mentres estamos confinados).
Como ben di o título que lle puxen a esta entrada, as vosas mans son quen de facer auténticas marabillas. Recordo cando facemos manualidades e estades pendentes de cada paso para non perdervos. De feito, estaba pensando agora nas flores que fixeramos con lazos ou, recentemente, os moedeiros que confeccionastes reutilizando tetrabriks (aínda seguen alí no cole, esperemos que os podades levar nun tempiño).
Bueno, agora propóñovos manexar de novo as vosas mans para facer uns muñequiños. Ollo!!! Hai que estar atentos a cada paso. Se nos perdemos, pausamos o vídeo, voltamos atrás e tentámolo de novo. Non desesperedes.
Aquí propóñovos dous exemplos pero gustaríame que abrades os vídeos en youtube por se atopades algún que vos guste máis ou vos resulte máis sinxeliño.
Podedes empregar folio en branco, de cores... o que teñades na casa.
Podedes poñer nos comentarios outro enlace que vexades interesante por se o queres compartir cos vosos compañeiros e compañeiras e dar ideas ou simplemente dar ánimos. O que si, cando teñades algunha manualidade rematada, convídovos a que me enviedes por correo electrónico unha foto, vídeo... da vosa creación (podedes saír vós tamén se queredes, eh). Así, compartiría nunha nova entrada os vosos traballos para que nos podamos sentir un pouco máis preto.